|
Wednesday, 02 May 2012 23:32 |
|
There are no translations available.
Nos vindeiros meses levaranse a cabo diversas accións de mellora de rúas en Castrelo do Val e Nocedo do Val, a través dun proxecto de pavimentación e asfaltado previsto no plan PEIM 2012 cun orzamento total de 41.459,80€.
Preme en +info para continuar lendo a nova
|
|
+info
|
|
|
Saturday, 21 April 2012 15:11 |
|
There are no translations available.
O luns 23, ás 15:30h terá lugar en Castrelo do Val unha charla sobre reciclaxe e que tipo de materiais han de botarse no contenedor amarelo.
A charla será impartida por persoal da Deputación de Ourense
- Luns 23 de abril: 15:30h no Centro Multiusos do Terrón de Castrelo do Val
- Martes 24 de abril: 15:30h no Telecentro de Nocedo do Val
|
|
Monday, 09 April 2012 14:39 |
|
There are no translations available.
En aplicación da Lei 3/2007 da Xunta de Galicia de Prevención e Defensa contra incendios forestais, comunícase mediante o presente aos propietarios dos terreos situados nos núcleos rurais que teñen que estar libres de maleza.
Aquelas fincas que están fora do núcleo e teñan algún tipo de edificación, deberán ter como mínimo unha franxa de 10 metros limpa a carón da edificación.
No caso de non cumprir ditas normas estarán expostos ás sancións que establece a Xunta de Galicia. |
|
Tuesday, 27 March 2012 21:44 |
|
There are no translations available.
O concello de Castrelo do Val lamenta profundamente o falecemento do brigadista Higinio Vivas López, que perdeu a vida no día de hoxe mentres traballaba na extinción do incendio declarado no noso termo municipal, entre Piornedo, Servoi e Fontefría.
Neste día gris, dende o Concello queremos transmitir o noso pésame ao familiares, amigos e compañeiros, ao tempo que enviamos todo o ánimo e apoio aos brigadistas que, día tras día, exercen unha importantísima labor na loita contra o lume. |
|
Monday, 26 March 2012 14:24 |
|
There are no translations available.
O vindeiro venres 30 de marzo de 2012 celebrarase o pleno ordinario correspondente no Concello de Castrelo do Val. Velaquí a orde do día para a súa consulta.
|
|
|
|
|
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>
|
|
Page 1 of 21 |