Exposición de pintura PDF Print E-mail
Wednesday, 05 August 2009 04:00
There are no translations available.

O vindeiro venres 14 de agosto ás 20:00h. terá lugar unha exposición de pintura que recollerá os traballos dos alumnos que, durante todo o ano, participaron nas clases de pintura que tiveron lugar no noso Concello.
O acto terá lugar no Centro de Interpretación do Patrimonio de Castrelo do Val, e, ao final do acto, servirase un aperitivo.

E o día 16 terá lugar ás 19:30h unha actuación dun grupo de música tradicional, cortesía do programa "Vai de Camiño" que xestiona a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. A actuación terá lugar no parque do Terrón.

Xa tes dúas boas excusas para pasar por Castrelo do Val!
 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.