| Piscinas Municipais. Próxima apertura + tarifas |
|
|
|
| Wednesday, 07 July 2010 00:00 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
There are no translations available. Próxima apertura das Piscinas Municipais Nos vindeiros días procederase á apertura das piscinas municipais do Concello de Castrelo do Val. No ano 2009, o Plan E concedeulle case 220.000€ ao concello de Castrelo do Val para a inversión en infraestruturas municipais. A xunta de goberno local decidiu invertir os cartos nas piscinas municipais que se atopan en Castrelo do Val, na estrada que une a capitalidade municipal con Gondulfes. Nestes momentos a construcción destas piscinas avanza a bo ritmo, como se pode ver na seguinte foto. O feito máis destacable destas pisicinas é o sistema de cloración que se utilizou: no canto dun sistema de cloaración tradicional e eminentemente químico, optouse por un método de cloración por electrolisis de auga salgada que descompón a sal da piscina para fabricar o cloro que lle fai falla á piscina. Ademais, os cloradores salinos non xeran ácido isocianurico. Para os que estén pensando que será como a auga do mar, ha de quedar claro que a sal que contén esta piscina é 6 veces menor que a auga salgada do mar. A continuación publicanse as tarifas para este ano 2010, cun desconto do 30%, como se pode observar, para os veciños do concello. Visiten asíduamente esta web para coñecer con exactitude as datas de apertura.
** A acreditación como residente prodúcese mediante certificación oficial no Concello ou documento censal que acredite a veciñanza administrativa no Concello de Castrelo do Val |







