Curso de Internet PDF Print E-mail
Tuesday, 20 September 2011 22:02
There are no translations available.

Próximamente terá lugar un curso de iniciación á Internet en todo o Concello. O obxectivo é acercar a informática doméstica aos pobos de Castrelo do Val, para o que se utilizará a conexión 3G dos modernos operadores de telefonía e así poder ofrecer clases prácticas de informática e Internet.

No curso tentarase abarcar, dende unha perspectiva eminentemente práctica, os principais recursos da Internet e a ofimática de uso doméstico, co obxectivo de acercar a informática a persoas maiores que nunca antes tiveron a oportunidade.

O curso será gratuíto, e poderán recibir máis información chamando á casa do Concello en horario matutino (9:00h - 14:00h).

 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.