Taxas por expedición de documentos administrativos PDF Print E-mail
Monday, 30 January 2012 11:12
There are no translations available.

No pleno ordinario celebrado o pasado mes de decembro aprobouse a ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS, Segundo a cal se fixan os prezos de diferentes documentos.

En ningún caso de cobrará pola documentación que haxa que aportar a procesos relativos ao propio Concello. Segundo explica o propio alcalde, Vicente Gómez García, era preciso “establecer esta ordenanza para que as fotocopias compulsadas tiveran validez ante outros organismos como a Xunta”.

Con esta medida tamén se intenta frear o abuso sobre os recursos e tempo que destinan os propios funcionarios a estas labores, ao tempo que se equipara o Concello ao resto de administracións locais colindantes, onde a documentación sinalada xa aplica dende hai tempo taxas semellantes.

Con todo, as taxas aprobadas son as máis reducidas da comarca, o que demostra que ditas medidas non teñen ningún afán recadatorio.

O cobro destas taxas entrou en vigor este mes de xaneiro.

A continuación teñen listados os documentos e taxas que se aplican en cada caso (preme en +info)

 

 

Fotocopias e compulsas

  • Fotocopias en branco e negro en tamaño A4 - 0,10 €
  • Fotocopias en cor en tamaño A4 - 0,20 € 
  • Fotocopias en branco e negro en tamaño A3 - 0,20 € 
  • Fotocopias en cor en tamaño A3 - 0,50 € 
  • Fotocopias de plano de catastro en tamaño A4 0,50 € 
  • Fotocopias de plano de catastro en tamaño A3 - 1,00 € 
  • Fotocopias do Plan Xeral en branco e negro en tamaño A4 - 0,50 € 
  • Fotocopias do Plan Xeral en cor en tamaño A4 - 1,00 € 
  • Fotocopias do Plan Xeral en branco e negro en tamaño A3 - 1,00 € 
  • Fotocopias do Plan Xeral en cor en tamaño A3 - 2,00 € 
  • Fotocopias compulsadas en tamaño A4 en branco e negro- as 5 primeiras - a 0,20 € 
  • Fotocopias compulsadas en tamaño A4 en branco e negro- a partir da 5ª - a 0,10 € 
  • Fotocopias compulsadas en tamaño A3 en branco e negro- as 5 primeiras a 0,50 € 
  • Fotocopias compulsadas en tamaño A3 en branco e negro- a partir da 5ª a… 0,30 € 
  • Fotocopias compulsadas en tamaño A4 en cor - as 5 primeiras a - 0,50 € 
  • Fotocopias compulsadas en tamaño A4 en cor - a partir da 5ª a - 0,30 € 
  • Fotocopias compulsadas en tamaño A3 en cor - as 5 primeiras a - 1,00 € 
  • Fotocopias compulsadas en tamaño A3 en cor - a partir da 5ª a - 0,70 € 
  • Envío de Fax - 0,50 € 

 Documentos orixinais

  • Expediente de celebración de matrimonios civís - 20,00 € 
  • Por cada consulta catastral - 1,00 € 
  • Por cada consulta catastral con lindeiros - 2,00 € 
  • Por cada certificación catastral - 5,00 € 
  • Por expedición de licencia para uso especial de pistas parroquiais para sacar madeira - 0,70 € por cada Tm
 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.