|
Wednesday, 17 December 2008 13:04 |
|
There are no translations available.
O Concello ven de dotarse dunha coitela quiteneves semihidráulica, acoplable ao tractor municipal, que lle permitirá actuar eficazmente contra as nevadas que poidan vir a partires desta data.
A coitela quitaneves, cuxo custe ascende a case 6000€, e permitirá unha resposta rápida e eficaz contra os fenómenos meteorolóxicos adveros (nevadas) complementando e mellorando a resposta da Administración Autonómica e Provincial contra este tipo de inclemencias meteorolóxicas.
Os principais beneficiarios, os nosos veciños dos pobos de media e alta montaña, comprobarán cómo a administración local actuará con premura ante futuros temporais de frío e neve que poidan vir.
Con esta equipación, o Concello tentará evitar que se repitan situacións como as do pasado mes de novembro, cando varios pobos do noso Concello estiveron incomunicados durante varios días.
|