Sinatura dun convenio coa Consellería de Sanidade  PDF Print E-mail
Friday, 17 April 2009 09:43
There are no translations available.

O pasado mes de marzo o Concello de Castrelo do Val aprobou en pleno ordinario un convenio  coa Consellería de Sanidade – Servizo Galego de Saúde – sobre a asunción dos custes de mantemento do centro de saúde de Castrelo do Val (R/Toural s/n).

En virtude dese convenio, o Concello tramitará a cesión patrimonial de dito inmoble (con dereito de reversión sobre dito inmoble) e  o cambio de titularidade dos contratos de subministración vixentes. Pola súa banda, o SERGAS comprométese á asunción dos gastos do mantemento do centro de saúde situado en Castrelo do Val sen que iso signifique, en ningún caso, un empeoramento dos servizos prestados neste momento.

Entre os custes que asumirá a Consellería de Sanidade atópanse telefonía, auga, luz, calefacción e servizo de limpeza e hixiene. Gastos que, a fin de ano, supoñen arredor duns 12000€ que o Concello poderá investir noutras actuacións.
 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.