Punto de Recollida de aceites domésticos en Castrelo do Val. PDF Print E-mail
Friday, 17 April 2009 09:52
There are no translations available.

Castrelo do Val, un pouco máis verde.
O Concello de Castrelo do Val solicitou á Deputación de Ourense a adhesión ao convenio que este organismo asinou con Urbaser para a recollida e tratamento de aceites domésticos.
A recollida selectiva destes aceites domésticos permitiría a súa transformación en combustible de automoción mediante un proceso químico sinxelo e non contaminante, isto é, transformalo nun futuro biodiesel.

En virtude dese convenio, o Concello disporá dun contedor de recollida específica de acerites domésticos na localidade de Castrelo do Val (por ser a capitalidade do Concello). Tamén se inclúe no convenio o baleirado periódico por parte da empresa Urbaser, así como a súa limpeza e correcto mantemento do contedor, filtros e contorno deste.

No fondo de todo o asunto, o Protocolo de Kioto. Con esta medida, os concellos que se adhiran ao convenio poderán dar un pasiño máis para cumprir o 10% de biocombustibles que se pide en termos globais.

O concello preocúpase polo Medio Ambiente
O concello de Castrelo do Val xa dispón dun punto de recollida de aceites industriais, orientado principalmente, polas condicións socioeconómicas da zona, aos tractores e vehículos que así desexen darlle un uso útil e non contaminante aos seus aceites.
 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.