O "Curso de Relaxación" todo un éxito PDF Imprimir E-mail
Lunes, 30 de Agosto de 2010 00:00
Carmen Sanchez ten un bo motivo para estar contenta. A boa acollida do curso de relaxación. Aproveitamos os instantes iniciais a unha desas clases para facerlle unhas preguntas e coñecer de primeira man o que acontece nunha desas clases

Pregunta: Cántas persoas acuden ao curso?
Carmen Sánchez: Ao final cubríronse as espectativas. Arredor de 24 persoas veñen ao curso. Hoxe non somos moitos, pero é comprensible; este mes de agosto é unha data complicada para moitos dos asistentes: festas, convidados na casa... e ao final estas actividades son as primeiras afectadas.

P: Cal é o perfil do asistente ao curso?
C.S: O perfil é moi variado. Unha boa parte dos asistentes están en fase de tratamente dalgún tipo de enfermidade coma o cancro, pero non son a maioría. Tamén acoden familiares destes pacientes. Incluso acoden outras persoas alleas a este mundo que, por sorte, non sofren. É curioso, pero dentro desas persoas que acoden por motivos alleos a algunha enfermidade, exercen cargos de dependentes no seu traballo.

P: Supoñemos que a maioría sodes mulleres...
C.S: Si, é certo, a maioría somos mulleres, pero xa non son as cousas como eran antes. Este mes están aputandos catro ou cinco homes. Pouco a pouco vaise rompendo a barreira do sexo para exercer estas actividades. Ao fin e ao cabo, eles tamén teñen necesidade de desestresarse e relaxarse

P: Qué sensacións recolles dos participantes?
C.S: Pois que vou a dicir! De entrada, moi boas. Estou moi satisfeita tanto coa participación coma co traballo da monitora, que se adapta perfectamente ás nosas necesidades. E a xente quere seguir; aínda que en principio a cousa era para chegar ata outubro, aínda non estamos en setembro e a xente quere prolongar a duración do curso

P: Algunha perspectiva ao lonxe?
C.S: Por suposto! Andamos a darlle voltas a máis actividades. De momento estamos sondeando a xente e parece que poderían estar interesadas en actividades coma o ioga. Así que, de seguir así, Castrelo do Val vai a contar con máis actividades a medida que avancen os meses. Tamén é estupendo propor máis actividades, xa que contamos co apoio do Concello na medida en que nos poidan axudar cedéndonos gratuítamente un local onde poder dar as clases.
 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.