| Achádego histórico en Castrelo do Val: unha estela antropomorfa prehistórica de 3000 anos de antigüidade |
|
|
|
| Miércoles, 11 de Mayo de 2011 00:00 |
|
There are no translations available.
Por primeira vez na historia documéntase en Galicia un petróglifo no que se representa un carro e un scudo con escotadura en V. Ata o de agora este tipo de estelas antropomorfas só eran coñecidas un territorio que se estendía na área extremeña e suroeste andaluz, sureste de Francia e sur de Portugal. A día de hoxe só están catalogadas 116 exemplares Preme en + info para continuar a ler a nova e ver a galería de imaxes
A peza, labrada en granito, pesa uns 800 kg e conta cunhas dimensións de 175 cm de altura, entre 63-70 cm de ancho e uns 30 cm de grosor. Trátase dunha estela decorada da Idade do Bronce, coñecidas como Estelas do Suroeste, por situarse nesta rexión peninsular o epicentro deste fenómeno cultural (Extremadura española e portuguesa, así como Andalucía occidental), se ben se teñen documentado algúns exemplares illados en Castela, Aragón ou no sueste de Francia. Na actualidade están catalogadas unicamente 116 estelas desta tipoloxía.
A Estela de Pedra Alta ten perfil antropomorfo, con catro escotaduras labradas de dúas en dúas que buscan definir de forma moi arcaica e primitiva unha silueta humana. Ao igual que os petróglifos que se insculturaron nas rochas de Galicia, o suco que define os motivos gravouse grazas ao piqueteado da laxe, especialmente intenso no caso das armas: escudo, espada e, con toda probabilidade, unha lanza. A distribución dos obxectos é a que segue: o escudo ocupa o lugar central, a modo de emblema; sobre el disponse a espada, que aparece envaiñada e sustentada por unha correa que fai que se cruce en diagonal por diante do peito do guerreiro. Na parte inferior do escudo represéntase un carro tirado por cuadrúpedes, por baixo del, unha posible lanza gravada en horizontal que ocupa todo o ancho do panel. Escudo e carro Os elementos representados na estela máis significativos e relevantes desde o punto de vista iconográfico son o escudo e o carro. Ata o día de hoxe nunca aparecera en Galicia un gravado prehistórico sobre pedra datado na Idade do Bronce cun escudo de escotadura en V, nin tampouco un carro tirado por animais. O escudo aparece representado por medio de tres círculos concéntricos e unha escotadura en uve e unha posible abrazadeira horizontal. Este tipo de escudos están presentes en No que respecta ao carro, que se conserva en malas condicións, presenta unha incisión máis fina que o resto dos motivos, quizais a causa da maior precisión que esixe o seu gravado. Os carros son frecuentes nas estelas da área do río Tajo/Tejo e son unha mostra da interacción entre as culturas do Mediterráneo e as que habitaban a Península Ibérica na transición do II ao I Milenio antes de Cristo. O de Pedra Alta aparece tirado por dous cuadrúpedes. A presenza de carros nas estelas do SW teñen sido valorados desde un punto de vista bélico e social, aínda tamén como ritual e funerario. É a primeira vez na historia de Galicia que aparece gravado un carro nun petróglifo da Idade do Bronce. Descubrimento A peza foi localizada hai uns meses por José Luís Lozano Rúa cando traballaba a finca, propiedade do seu irmán Manuel Lozano Rúa.
Referencias en prensa sobre o achádego
*Preme en cada unha das imaxes para ampliala
|








A peza, labrada en granito, pesa uns 800 kg e conta cunhas dimensións de 175 cm de altura, entre 63-70 cm de ancho e uns 30 cm de grosor. Trátase dunha estela decorada da Idade do Bronce, coñecidas como Estelas do Suroeste, por situarse nesta rexión peninsular o epicentro deste fenómeno cultural (Extremadura española e portuguesa, así como Andalucía occidental), se ben se teñen documentado algúns exemplares illados en Castela, Aragón ou no sueste de Francia. Na actualidade están catalogadas unicamente 116 estelas desta tipoloxía.