Concello Castrelo do Val
Magosto en Castrelo do Val PDF Imprimir Correo-e
Luns, 27 Outubro 2014 10:58

O Concello de Castrelo do Val organiza un magosto que terá lugar o vindeiro sábado 8 de novembro a partires das 19:00h no Pavillón Multiusos de Castrelo do Val, ubicado na área recreativa do Terrón.

O menú, como non podía ser doutra maneira, consistirá en castañas, chourizo e pan; e viño e auga para beber.

A entrada, cun prezo de 3€ (menores de oito anos, entrada de balde), poderase retirar na Casa do Concello e no Bar do Lito

magosto2014

 
Escrito dirixido á CHMS polos verquidos no río Camba PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Setembro 2014 17:03

Este concello ten constancia de verquidos, en principio perigosos e contaminantes, no río Camba e no regato Valcovo, afluente do mesmo.

A acción da choiva e a proximidade do inverno fai que estos verquidos aumenten co considerable perigo medioambiental para os veciños dos pobos colindantes e a comarca e concello en xeral.

Por iso, solicitamos á Confederación Hidrográfica Miño Sil:

  • Que se analicen, controlen e vixilen as aguas do rio Camba e afluintes.  
  • Que vixilen ás empresas que poidan contaminar dito río. 
  • Que se analice a flora e fauna do río Camba e afluentes.
 
Escrito dirixido á CHD por mor dos verquidos no río Támega PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 Setembro 2014 14:56

A/a.- Confederación Hidrográfica do Duero.

O fin de semana pasado despois duns días de chuvias fortes, volveron a aparecer no río Támega, ao seu paso polo termo municipal do concello de Castrelo do Val, uns verquidos contaminantes leitosos, consistentes e cunha duración no cauce dunhas 78 horas.

A orixe dos verquidos son as obras do AVE localizadas no tramo alto do río, termo municipal do concello de Laza.

Fai uns sesenta días, este concello remitiu á sede de Valladolid un comunidado denunciando outros verquidos realizados nas mesmas condicións ca estes. É de destacar que a día de hoxe non se recibise ningún tipo de resposta, o que nos parece un feito intolerable e dunha falta de sensibilidade terrible con todos os vecinos do concello e da comarca do Támega.

Ante a falta de resposta e a nula vixilancia exercida pola Confederacción Hidrográfica, solicitamos:  

  • Que se realicen análises da agua do río Támega e a súa fauna, para coñecer o alcande da contaminación destes verquidos. 
  • Que se faga efectiva unha vixilancia do cauce do río Támega ao paso polos concellos de Castrelo do Val e Laza. 
  • Que se mellore a vixilancia e o control das empresas que verten desfeitos ao río Támega  
  • Que se mellore a comunicación da Confederación Hidrográfica do Douro co concello de Castrelo do Val
 
Bacheado na estrada OU-114 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 24 Setembro 2014 00:00

A estrada OU-114, a vía que vertebra o noso concello dende o val ata Campobecerros será asfaltada nos vindeiros días.

A vía, que nos últimos meses se viu severamente afectada polo tráfico pesado derivado das obras do tren de alta velocidade, foi obxecto de varias peticións por parte do Concello de Castrelo do Val para o seu arranxo; peticións que, ou ben foron desistidas, ou ben foron parcialmente estimadas cun parcheo con cemento na estrada.

O Concello de Castrelo celebra que, finalmente, as empresas concesionarias aceptaron a petición do grupo de goberno para o seu arranxo a través dun bacheado con asfalto que mellorará as condicións da vía.

Mellora na estrada Campobecerros - Portocamba

Ademáis, o Concello de Castrelo do Val acadou o compromiso verbal, por parte da empresa Sacyr, para mellorar a estrada Campobecerros - Portocamba empregando un triple rego asfáltico nos seus case tres kilómetros de lonxitude.

 
Beirarrúas na Rúa do Toural PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 Setembro 2014 00:00

Os alumnos do CEIP Castrelo do Val estrenarán novas medidas de seguridade ao contar con beirarrúas xa no inicio do curso escolar. 

beirarruas

O Concello de Castrelo do Val rematará nos vindeiros días as beirarrúas da rúa do Toural; 93 metros de beirarrúa cun ancho de 180 centímetros que conectarán a estrada principal co colexio público de Castrelo.

Desta maneira, os usuarios dos servizos do barrio - Concello, colexio público, centro médico e farmacia, entre outros - contarán con novas medidas de seguridade para minimizar o seu risco como peóns.

Tamén se pintarán pasos de peóns no cruce para a entrada do Forno e centro médico, e para o acceso ao Teleclube e Casa Consistorial.

Unha medida que, se ben reduce parcialmente o número de prazas de aparcamento, beneficia directamente a todos os usuarios, especialmente aos nenos e nenas do colexio público, os usuarios máis débiles e vulnerables ante o tráfico que pode acumular a vía, sobre todo en horario escolar.

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 35

Procura interna na web

Imaxe aleatoria

  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria

Correo electrónico

so para usuarios con conta de correo
Cartel

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.