|
Martes, 05 Febreiro 2013 15:46 |
|
A renuncia como concelleiro e tenente de alcalde de Raúl Fernández Fernández modificou a composición do Pleno Municipal e a Xunta de Goberno Local.
No pleno do 31 de xaneiro, o alcalde, Vicente Gómez, dá conta da renovación do nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados que sexan competencia do pleno.
Américo Santiago Silva deixa a Tenencia da Alcaldía, nomeando no seu lugar, e pola orde indicada, aos seguintes concelleiros e concelleiras:
- 1º Tenente de Alcalde: Dª Maria del Mar Valle Alvarez.
- 2º Tenente de Alcalde: D. José Luis Santiago Rodriguez.
- 3º Tenente de Alcalde: D. Ramón Cañizo Montero.
Así mesmo, os membros da mesa da Xunta de Goberno Local tamén varían, e queda conformada polos seguintes concelleiros:
- D. Vicente Gómez García.
- Dª Maria del Mar Valle Alvarez.
- D. José Luis Santiago Rodriguez.
- D. Ramón Cañizo Montero.
Toda a información sobre estes cambios pode consultarse na acta do último pleno, onde, ademais, figura a delegación de servizos que cada concelleiro ou concelleira levará a cabo. |
|
|
Mércores, 23 Xaneiro 2013 00:00 |
|
O Ministerio de Fomento ven de anunciar a supresión do servizo de transporte de viaxeiros por ferrocarril na liña que une Ourense con Puebla de Sanabria. Esa liña - que pasa polo concello de Castrelo do Val á altura de Portocamba e Campobecerros, supón unha das escasas comunicacións con Zamora.
Ao tempo que se elimina esa conexión entre dúas das zonas con maior déficit de comunicación, estase a construír unha liña de Alta Velocidade co impacto que ocasiona.
|
|
+info
|
|
Luns, 21 Xaneiro 2013 00:00 |
|
No pasado pleno do 29 de novembro de 2012 aprobouse a Ordenanza Municipal e Regulamento para a Conservación de camiños e viais rurais, que regula o uso, mellora, conservación, mantemento e defensa dos camiños e vías rurais de titularidade municipal de Castrelo do Val.
A ordenanza regulta tamén o uso excepcional das vías publicas do Concello, onde se atopan - entre outros - os vehículos de máis de 15 toneladas, os transportes especiais ou vehículos especiais con cargas de produtos especiais.
Os usos excepcionais requerirán unha autorización municipal renovable anualmente que se ha de solicitar con 20 días de antelación ao seu uso. Este uso excepcional estará gravado cunha taxa co obxecto de que os desperfectos que, no seu caso, se producisen, se poidan arreglarse.
Toda a información sobre a taxa municipal pode consultarse na acta do pleno de decembro. |
|
Xoves, 20 Decembro 2012 13:05 |
|
O Concello de Castrelo do Val disporá dun orzamento de 789.121€ para o ano 2013, aprobado no último pleno municipal.
No capítulo de gastos, as partidas de Gastos de persoal (191.000€) e Bens correntes e servizos (515.231€) son os conceptos que acaparan as maiores cantidades. No capítulo de ingresos, as transferencias correntes (442.540€) e os impostos directos (236.000€) son os conceptos que repercuten os maiores ingresos.
Dende o Concello destácase que, pese á reducción das aportacións de Xunta e Goberno de España, os orzamentos presentados e aprobados son realistas, centrados nos veciños ao tempo que se manteñen as contas saneadas e se cumpre co obxectivo do menor déficit posible.
Preme en "ler máis" para ver o desglose dos presupostos.
|
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 26 Decembro 2012 00:00 |
|
Xa está dispoñible para a súa consulta a revista de información municipal. Entre os temas a tratar poderán atopar a información das últimas eleccións autonómicas, os cambios na corporación municipal ou o desglose dos presupostos aprobados para o ano 2013.
Para descargala, faga clic na imaxe.
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 3 de 28 |