|
Xoves, 20 Decembro 2012 13:05 |
|
O Concello de Castrelo do Val disporá dun orzamento de 789.121€ para o ano 2013, aprobado no último pleno municipal.
No capítulo de gastos, as partidas de Gastos de persoal (191.000€) e Bens correntes e servizos (515.231€) son os conceptos que acaparan as maiores cantidades. No capítulo de ingresos, as transferencias correntes (442.540€) e os impostos directos (236.000€) son os conceptos que repercuten os maiores ingresos.
Dende o Concello destácase que, pese á reducción das aportacións de Xunta e Goberno de España, os orzamentos presentados e aprobados son realistas, centrados nos veciños ao tempo que se manteñen as contas saneadas e se cumpre co obxectivo do menor déficit posible.
Preme en "ler máis" para ver o desglose dos presupostos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 26 Decembro 2012 00:00 |
|
Xa está dispoñible para a súa consulta a revista de información municipal. Entre os temas a tratar poderán atopar a información das últimas eleccións autonómicas, os cambios na corporación municipal ou o desglose dos presupostos aprobados para o ano 2013.
Para descargala, faga clic na imaxe.
|
|
Luns, 17 Decembro 2012 12:41 |
|
O grupo de goberno do Concello de Castrelo do Val apoia a manifestación en contra do peche do Parador de Verín, e solicita aos veciños que participen na manifestación convocada para o vindeiro día 20 de decembro (xoves) ás 19:30h.
O ERE anunciado por Paradores supón o peche temporal en nove establecementos en Galicia, e o peche dos paradores de Verín e Ferrol na nosa comunidade. Case a metade dos traballadores de Paradores en Galicia se verá afectado polo ERE.
Traballadores do Parador de Verín levan organizando xornadas de folga e recollidas de sinaturas avalados polos veciños e empresarios da comarca para evitar o peche do emblemático Parador ubicado ao pé do castelo de Monterrei.
|
|
Luns, 10 Decembro 2012 23:27 |
|
A estrada OU113 que discorre polo Concello entre os pobos de Castrelo do Val e Nocedo do Val ten dúas novas limitacións de velocidade en ámbolos dous núcleos de poboación
- Castrelo do Val, en todo o seu casco urbano, limitado a 50km/h (amplíase o tramo inical)
- Nocedo do Val, en todo o seu casco urbano, limitado a 50km/h
Poden consultar o mapa que aparece a continuación para coñecer os tramos afectados pola limitación de velocidade a 50km/h
Ver velocidade máxima reducida a 50km/h nun mapa máis grande |
|
Xoves, 22 Novembro 2012 10:37 |
No pasado pleno extraordinario celebrado o 8 de novembro deuse conta da renuncia presentada polo Tenente de Alcalde e concelleiro Raúl Fernández Fernández.
A renuncia foi ratificada ante o Alcalde e o Secretario da corporación municipal, e o Pleno dase por enterado da mesma.
O que fora alcalde do Concello durante case 19 anos e tenente de alcalde na última lexislatura, dende o ano 2011, Raúl Ferández Fernández, tomou posesión da acta de Deputado autonómico o pasado 16 de novembro na constitución do Parlamento Galego.
Nos vindeiros días celebrarase un pleno no que se procederá ao nomeamento do concelleiro / concelleira que ocupará o seu lugar.
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 4 de 29 |