|
Domingo, 21 Outubro 2012 22:16 |
|
A continuación amosamos os resultados electorais desglosados en mesas no noso concello.
*Pode haber lixeiras modificacións nos resultados. Foron tomados nas tres mesas electorais, a falta das reclamacións que houber.
Total Mesas
PSOE - 333
PP - 275
BNG - 50
AGE - 34
Votos en branco - 13
Votos Nulos -10
CxG - 10
UPyD - 3
P. Animalista - 1
Escaños en Blanco - 1
Partido da Terra - 1
Mesa A (Castrelo do Val)
PSOE - 167
PP - 122
BNG - 13
AGE - 20
CxG - 7
UPyD - 2
P. Animalista - 1
Escaños en Blanco - 1
Partido da Terra - 1
Votos Nulos - 7
Votos en Branco - 9
Mesa B (Servoi)
PSOE - 93
PP - 63
BNG - 25
AGE - 9
Votos en branco - 4
Votos nulos - 2
Mesa C (Campobecerros)
PP - 90
PSOE - 73
BNG - 12
AGE - 5
CxG - 3
UPyD - 1
Votos Nulos -1
|
|
|
Venres, 05 Outubro 2012 14:37 |
|
O pasado 24 de setembro, durante a celebración do pleno extraordinario, propuxéronse como festivos locais para o ano 2013 os seguintes días e festividades
- 17 de xaneiro, coincidindo coa festividade de San Antón.
- 13 de febreiro, coincidindo co mércores de cinsa durante a celebración do Entroido 2013
Tamén se aprobou en dito pleno a aprobación da conta xeral do orzamento do exercicio 2011, cos seus respectivos xustificantes e vistos os informes favorables de Secretaría e Intervención, así coma o ditame da Comisión Especial de Contas. Así mesmo, e desenvolvendo o disposto na lexislación urbanística vixente sobre deberes dos propietarios en materia de conservación de bens inmobles en condicións de seguridade, salubridade e ornato público; o Concello acordou establecer a Ordenanza municipal reguladora da limpeza e valado de terreos e solares, normativa que se pode consultar na acta recollida en dito pleno. |
|
Mércores, 03 Outubro 2012 14:22 |
|
Con motivo dos vindeiros comicios electorais o 21 de outubro, o concello de Castrelo do Val celebrou un pleno extraordinario no que se sorteou a composición das mesas electorais.
Poden consultar neste arquivo adxunto a composición de ditas mesas. |
|
Luns, 01 Outubro 2012 14:12 |
|
Ante a polémica xurdida sobre o manancial da fonte da Pinguela no núcleo de Servoi, o pasado 25 de setembro o alcalde, Vicente Gómez García, mantivo unha reunión cos propietarios da finca, recoñecendo na mesma reunión a propiedade dos terreos donde se fai a captación da auga, e manifestándose por parte dos propietarios a vontade de realizar dita captación.
En dita actuación, Vicente Gómez agradece a boa vontade amosada polos propietarios, e indica que próximamente se procederá ao enganche da fonte para servizo dos vecinos e veciñas, e sigan facendo uso de dito manancial. |
|
Martes, 11 Setembro 2012 17:44 |
|
O concello de Castrelo do Val, con motivo das Eleccións ao Parlamento de Galicia do vindeiro 21 de outubro do 2012 informa sobre os prazos do voto por correspondencia.
- RESIDENTES EN GALICIA: A solicitude do voto por correo deberase facer entre as datas: do 28 de agosto ao 11 de outubro.
- RESIDENTES EN GALICIA TEMPORALMENTE NO EXTRANXEIRO. A solicitude do voto por correo deberase facer entre as datas: do 28 de agosto ao 22 de septembro.
- RESIDENTES NO EXTRANXEIRO. A solicitude do voto por correo deberase facer entre as datas: do 28 de agosto ao 22 de septembro.
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 5 de 29 |