Concello Castrelo do Val
Obradoiro informativo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Agosto 2013 20:01

charlaObradoiro informativo o día 19 de agosto.

Lugar: Castrelo do Val, Museo Etnográfico (Toural)

Organiza: Asociación Cultural Alto Támega

Colabora: Concello de Castrelo do Val

Máis info facendo clic na fotografía

 
V Feira de Cans de Caza PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 Xullo 2013 09:19

O pasado 14 de xullo celebrouse a Feira de Cans de Caza, que vai xa pola 5º edición da xuntanza anual.

Como ven sendo habitual, ao longo da xornada adicada ao can de caza sucedéronse actividades coma o concurso morfolóxico do can de caza, o concurso de rehalas (coa súa entrega de premios) e a degustación da empanada de caza.

A guinda gastronómica púxoa o xantar popular, cun menú formado por polbo á feira e carne ao caldeiro

A continuación deixámosvos algunhas imaxes do evento

Ler máis...
 
O Concello solicita un obradoiro de emprego conxunto con Monterrei, Laza, Cualedro e Oímbra PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Xuño 2013 10:52

O Concello de Castrelo do Val concorrerá ás subvencións para os obradoiros de emprego xunto aos concellos de Monterrei, Laza, Cualedro e Oímbra. A propia convocatoria permite e incentiva as colaboracións intermunicipais, xa que aumentan as probabilidades de que sexan concedidos os obradoiros, ao tempo que aumenta o importe máximo subvencionable con respecto a unha petición individual.

Deste xeito, o obradoiro “Támega I” solicita especialidades formativas relativas a axuda no fogar, atención xeriátrica, xardinería e forxa, coa intención de formar a un total de 40 alumnos dos concellos sinalados.

Orzamento

O orzamento solicitado para o obradoiro “Támega I” ascende a 393.000€, dos cales o concello de Castrelo do Val aportaría o 10%, comprometéndose, ao tempo, a garantir dito financiamento de maneira eficaz e estable para que a actividade, de seis meses de duración, se poida levar a cabo para beneficio dos veciños que teñan acceso ao programa formativo.

 
Apertura das piscinas municipais verán 2013 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Xuño 2013 11:58

Mañá sábado 22 de xuño procederase á apertura da piscina municipal de Castrelo do Val, ás 12:00h. O horario de apertura será de 12:00h a 21:00h durante todo o verán.

Por terceiro ano consecutivo, os prezos seguen conxelados, sendo os aplicables no ano da inauguración, en 2010, e que están accesibles desde esta ligazón.

 
O Consello Escolar do CEIP de Castrelo do Val maniféstase polos recortes da Consellería de Educación PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Xuño 2013 18:24

O Consello Escolar do CEIP Castrelo do Val organizou unha protesta este xoves en contra dos recortes da Consellería de Educación.

manifestacion_coleÁs 14:15 horas, en horario de xantar, arredor de 40 persoas manifestáronse ás portas do CEIP Castrelo do Val para protestar contra os recortes da Consellería de Educación. O colexio público conta con 79 matrículas, se ben Educación so permite 75 alumnos no comedor escolar por ter tan só un posto de cociñeiro, polo que deixaría a catro rapaces sen o dereito da comida na escola.

Educación, ademais, esixe que sexa o Consello Escolar quen determine que catro rapaces ou rapazas quedarán sen comedor escolar, feito que afonda no seu malestar e que reforza esta xornada de protesta.

O Concello é consciente da situación e ofreceu unha solución temporal para mitigar a situación: habilitar unha sala con microondas nas dependencias da casa consistorial para que, no caso de que vaia adiante o recorte, os rapaces teñan un sitio onde poder comer de fiambreira, ao quente e onde poder quentar a comida. “Todas as mobilizacións evitaríanse se se concedese un axudante de cociña para o comedor escolar do colexio”, sinala a teniente de alcalde, Maria del Mar Valle Álvarez.

Esta recorte supón a aplicación práctica dun vello temor do Concello e da escola, que levan anos solicitando un axudante de cociña para eliminar esa limitación de 75 alumnos por comedor escolar, pero Educación desoe esta petición e prefire aforrar un axudante de cociña e deixar sen o dereito á comida no comedor escolar a catro nenos, mentres outros colexios da comarca, con menos matrículas, dispoñen dun servizo de comedor con máis persoal.

Para mañá venres está prevista outra xornada de protesta ás 14:15h

 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 35

Procura interna na web

Imaxe aleatoria

  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria

Correo electrónico

so para usuarios con conta de correo
Cartel

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.