|
Martes, 19 Xuño 2012 14:55 |
 |
|
|
Luns, 11 Xuño 2012 21:48 |
|
O vindeiro 23 de xuño, o Concello de Castrelo do Val rendera homenaxe a un grupo de portugueses fusilados no verán do ano 1936 no paraxe coñecido como "Lombo do Marco", na localidade de Campobecerros.
A homenaxe consisitirá no descubrimento dunha placa no mesmo lugar no que se produciu o fusilamento, onde tamén se levarán a cabo varios relatorios sobre os feitos acontecidos por aquel entón, cando os asasinados facían negocio na localidade de Campos aproveitando a apertura da liña de tren entre Zamora e Ourense.
Ao remate dos relatorios proxectarase o documental "Causa 1021" no teleclube da mesma localidade, para dar paso a unha comida de confraternización que pechará o acto. |
|
Mércores, 02 Maio 2012 23:32 |
|
Nos vindeiros meses levaranse a cabo diversas accións de mellora de rúas en Castrelo do Val e Nocedo do Val, a través dun proxecto de pavimentación e asfaltado previsto no plan PEIM 2012 cun orzamento total de 41.459,80€.
Preme en +info para continuar lendo a nova
|
|
+info
|
|
Sábado, 21 Abril 2012 15:11 |
|
O luns 23, ás 15:30h terá lugar en Castrelo do Val unha charla sobre reciclaxe e que tipo de materiais han de botarse no contenedor amarelo.
A charla será impartida por persoal da Deputación de Ourense
- Luns 23 de abril: 15:30h no Centro Multiusos do Terrón de Castrelo do Val
- Martes 24 de abril: 15:30h no Telecentro de Nocedo do Val
|
|
Luns, 09 Abril 2012 14:39 |
|
En aplicación da Lei 3/2007 da Xunta de Galicia de Prevención e Defensa contra incendios forestais, comunícase mediante o presente aos propietarios dos terreos situados nos núcleos rurais que teñen que estar libres de maleza.
Aquelas fincas que están fora do núcleo e teñan algún tipo de edificación, deberán ter como mínimo unha franxa de 10 metros limpa a carón da edificación.
No caso de non cumprir ditas normas estarán expostos ás sancións que establece a Xunta de Galicia. |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 8 de 29 |