Concello Castrelo do Val
Orzamentos 2013 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Decembro 2012 13:05

O Concello de Castrelo do Val disporá dun orzamento de 789.121€ para o ano 2013, aprobado no último pleno municipal.

No capítulo de gastos, as partidas de Gastos de persoal (191.000€) e Bens correntes e servizos (515.231€) son os conceptos que acaparan as maiores cantidades. No capítulo de ingresos, as transferencias correntes (442.540€) e os impostos directos (236.000€) son os conceptos que repercuten os maiores ingresos.

Dende o Concello destácase que, pese á reducción das aportacións de Xunta e Goberno de España, os orzamentos presentados e aprobados son realistas, centrados nos veciños ao tempo que se manteñen as contas saneadas e se cumpre co obxectivo do menor déficit posible. 

Preme en "ler máis" para ver o desglose dos presupostos.

Ler máis...
 
Xa dispoñible a última edición da revista de información municipal PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Decembro 2012 00:00

portada revista castreloXa está dispoñible para a súa consulta a revista de información municipal. Entre os temas a tratar poderán atopar a información das últimas eleccións autonómicas, os cambios na corporación municipal ou o desglose dos presupostos aprobados para o ano 2013.

Para descargala, faga clic na imaxe.

 

 
Manifestación contra o peche do Parador PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Decembro 2012 12:41

O grupo de goberno do Concello de Castrelo do Val apoia a manifestación en contra do peche do Parador de Verín, e solicita aos veciños que participen na manifestación convocada para o vindeiro día 20 de decembro (xoves) ás 19:30h.

O ERE anunciado por Paradores supón o peche temporal en nove establecementos en Galicia, e o peche dos paradores de Verín e Ferrol na nosa comunidade. Case a metade dos traballadores de Paradores en Galicia se verá afectado polo ERE.

Imaxe de "El economista"Traballadores do Parador de Verín levan organizando xornadas de folga e recollidas de sinaturas avalados polos veciños e empresarios da comarca para evitar o peche do emblemático Parador ubicado ao pé do castelo de Monterrei.

 
Novas limitacións de velocidade na OU 113 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Decembro 2012 23:27

A estrada OU113 que discorre polo Concello entre os pobos de Castrelo do Val e Nocedo do Val ten dúas novas limitacións de velocidade en ámbolos dous núcleos de poboación

  • Castrelo do Val, en todo o seu casco urbano, limitado a 50km/h (amplíase o tramo inical)
  • Nocedo do Val, en todo o seu casco urbano, limitado a 50km/h

Poden consultar o mapa que aparece a continuación para coñecer os tramos afectados pola limitación de velocidade a 50km/h


Ver velocidade máxima reducida a 50km/h nun mapa máis grande
 
O Tenente de Alcalde e concelleiro Raúl Fernández Fernández renuncia aos seus cargos no Concello PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Novembro 2012 10:37

No pasado pleno extraordinario celebrado o 8 de novembro deuse conta da renuncia presentada polo Tenente de Alcalde e concelleiro Raúl Fernández Fernández.

A renuncia foi ratificada ante o Alcalde e o Secretario da corporación municipal, e o Pleno dase por enterado da mesma. 

O que fora alcalde do Concello durante case 19 anos e tenente de alcalde na última lexislatura, dende o ano 2011, Raúl Ferández Fernández, tomou posesión da acta de Deputado autonómico o pasado 16 de novembro na constitución do Parlamento Galego. 


Nos vindeiros días celebrarase un pleno no que se procederá ao nomeamento do concelleiro / concelleira que ocupará o seu lugar.


 
Máis artigos...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 34

Procura interna na web

Imaxe aleatoria

  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria
  • Imaxe aleatoria

Correo electrónico

so para usuarios con conta de correo
Cartel

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.