|
Xoves, 11 Abril 2013 17:12 |
|
O vindeiro luns 15 de abril ás 19:00, a Asociación Monte Val GDR-13 impartirá unha charla sobre as pragas e doenzas máis comúns nos soutos de castiñeiros.
A charla será aberta para todos os públicos e desenvolverase no Pavillón Municipal de Castrelo do Val, situado no Terrón. |
|
|
Luns, 11 Marzo 2013 17:22 |
|
O Concello de Castrelo do Val congratúlase pola decisión da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de atender ás peticións presentadas polo Concello no relativo á súa vía de tráfico máis transitada.
Nun escrito recibido os pasados días, a Xunta afirma que se están a realizar as correpondentes xestións con ADIF - o organismo promotor das obras do tren de alta velocidade - para que nos vindeiros días se poidan iniciar os traballos de reparación, limpeza e conservación da estrada OU 113 afectada polo intenso tráfico pesado.
Así mesmo, a Xunta tamén estuda a petición do Concello para o cambio das sinalizacións de velocidade na localidade de Castrelo do Val, tamén na estrada OU 113, para unha posible modificación dos sinais de tráfico conforme a criterios de razoabilidade e non innecesariamente restritivos sen prexuizo da normativa de sinalización de tráfico vixente. |
|
Mércores, 06 Marzo 2013 15:24 |
|
O concello de Castrelo do Val solicitou formalmente á Deputación de Ourense a renovación do mobiliario urbano dos pobos do noso concello, logo de que a Deputación anunciase unha partida presupostaria a tal efecto.
A Deputación de Ourense destina unha partida de 60.000€ do presuposto reservado deste ano para renovar o mobiliario urbano máis recoñecible da provincia: bancos e marquesiñas.
O concello de Castrelo do Val conta con dúas marquesiñas, nas localidades de Vilar e Nocedo do Val que presentan actualmente un estado lamentable, polo que, sabendo da partida presupostaria que adicará a Deputación a tal efecto, solicita a renovación das marquesiñas e a colocación de bancos en varios núcleos poboacionais.

Estado actual da marquesiña de Vilar |
|
Venres, 01 Marzo 2013 10:48 |
|
O Concello de Castrelo do Val solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas un cambio na sinalización de velocidades máximas na OU 113 ao seu paso por Castrelo do Val.
Dende o Concello enténdese que a sinal de velocidade máxima a 50km/h debe estar no punto kilométrico 5.2 e non no punto kilométrico 4.7 como está actualmente.
Na actualidade, a sinal de 50km/h está ao comezo do termo municipal, a uns 500 metros do comezo do solo urbano, onde se solicita que se mova dita sinalización de velocidade máxima a 50km/h. Así mesmo, tamén se entende que, dado que a vía ten unha velocidade máxima de 90km/h, supón un cambio moi drástico pasar desa velocidade aos 50km/h máximos permitidos en toda a localidade en tan pouco espazo.
A solicitude de cambio de velocidades propón que, no lugar onde está agora a sinal de 50km/h (punto kilométrico 4.7), se estableza unha sinal de 70km/h e, a 500 metros(punto kilométrico 5.2) - no comezo do solo urbano - se estableza a velocidade máxima de 50km/h para toda a localidade. |
|
Luns, 25 Febreiro 2013 18:33 |
|
O concello de Castrelo do Val solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que tomase as medidas oportunas para que as empresas que están a levar a cabo as obras do Tren de Alta Velocidade que pasa polo noso concello reparen os danos ocasionados nas vías.
A rede viaria, ao seu paso polo Concello de Castrelo do Val, está a verse seriamente afectada polo intenso tráfico pesado dos vehículos que están a acometer as obras do tren de alta velocidade que transcorre polo noso concello.
|
|
+info
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 2 de 28 |