Saúdos PDF Imprimir Correo-e
 








Inmersos xa no século XXI, desde o Concello de Castrelo do Val queremos que as novas tecnoloxías sirvan para que os servizos públicos e a calidade da xestión municipal acade cotas de altura que os veciños do concello merecen. Para iso, poñemos en marcha un coidado servizo de administración electrónica a través do cal os nosos veciños poderán estar cerca nosa por moi lonxe que estean.

Coidamos, ademais, que con esta web abrimos unha nova canle de comunicación ao grande público que servirá para dar a coñecer os atractivos e os valores que posúen os nosos pobos e que, desta maneira, abrimos ao mundo. Dende este momento, calquera habitante poderá pasear pola nosa terra sen moverse do seu ordenador.

A todos os que visitades a nosa web, benvidos!

 

Vicente Gómez García

 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.