Certificacións on-line
| Certificados on-line |
|
|
|
|
Dende o Concello de Castrelo do Val propoñemos un servizo de administración electrónica co obxectivo de facilitar a tramitación dalgúns documentos que son de especial interese para os nosos veciños, con total validez legal e cun prazo de resposta de dous días hábiles aproximadamente.
Existen dúas modalidades de administración electrónica: · Documentos gratuítos que se remiten por correo electrónico (certificado de residencia, empadroamento e/ou convivencia) · Documentos (exentos ou non de taxas) cuxa solicitude se pode realizar por correo electrónico e a recollida se fai en man (certificación catastral, partida de nacemento, matrimonio e /ou defunción e fe de vida) Por favor, seleccione a continuación o documento que necesita e seguidamente cubra os datos que se lle requiren. Grazas pola súa colaboración. |







