Últimas novas
Vídeo de Castrelo do Val en Telemiño Imprimir Correo-e
Martes, 25 Agosto 2009 11:10
Finalmente, xa temos as imaxes que emitiu Telemiño sobre o noso Concello no seu programa
"Cousas de Comer". Aquí queda o vídeo, de algo menos de catro minutos de duración!
Ler máis...
 
nova revista de actualidade municipal PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Agosto 2009 19:05

Xa está dispoñible a nova revista de actualidade municipal.

Podes descargala premendo aquí (ou premendo na imaxe da revista).

 
Exposición de pintura PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Agosto 2009 04:00
O vindeiro venres 14 de agosto ás 20:00h. terá lugar unha exposición de pintura que recollerá os traballos dos alumnos que, durante todo o ano, participaron nas clases de pintura que tiveron lugar no noso Concello.
O acto terá lugar no Centro de Interpretación do Patrimonio de Castrelo do Val, e, ao final do acto, servirase un aperitivo.

E o día 16 terá lugar ás 19:30h unha actuación dun grupo de música tradicional, cortesía do programa "Vai de Camiño" que xestiona a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. A actuación terá lugar no parque do Terrón.

Xa tes dúas boas excusas para pasar por Castrelo do Val!
 
Montaxe de imaxes de Castrelo do Val Imprimir Correo-e
Martes, 21 Xullo 2009 08:56
Para os que non puideron velo na "I Feira do Can de Caza", aquí queda o vídeo realizado con imaxes do concello, tomadas na súa meirante parte no outono pasado. Que o gocedes!
 
Arquitectura popular no noso Concello PDF Correo-e
Xoves, 16 Xullo 2009 08:57
Rachando cos preconceptos que se teñen da arquitectura no rural, temos de partir unha lanza a favor la arquitectura tradicional ou popular, quizabes a mostra representativa máis importante do noso concello. Este tipo de arquitectura está presente en todos os pobos do noso concello, lonxe ao tempo da arquitectura culta que poden representar as estruturas relixiosas (igrexas, capelas…) pero formando a esencia do noso substrato cultural.
Pedro Pablo Vidal, un veciño de Portocamba, confeccionou un vídeo (abaixo) centrándose na arquitectura popular de Portocamba.



(Preme en +info para ler o resto da nova e o artigo de opinión que nos manda Pedro Pablo Vidal)
+info
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 10

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.