Feira do Can de Caza PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Xuño 2009 19:59
O domingo 12 de xullo tes unha cita coa natureza. No Campo da Veiga de Castrelo do Val terá lugar, durante toda a xornada, a I FEIRA DO CAN DE CAZA; un evento que homenaxeará ao verdadeiro protagonista da caza e o nexo de unión do cazador coa natureza: o can de caza.


(CLICA NO CARTEL PARA VELO EN GRANDE)

(CLICA EN +info PARA MÁIS INFORMACIÓN E CÓMO CHEGAR)




A feira, organizada pola Asociación de Cazadores de Castrelo do Val, contará cunha exposición presente durante todo o día coas mellores razas de can para a caza: dende o incansable Setter Inglés ata o Pointer, o can de caza por excelencia. Ducias de razas que se darán cita para deleite de cazadores e afeccionados á natureza en xeral.
Os expositores participarán nun concurso morfolóxico no que se premiarán os mellores exemplares.

Aínda que os cans sexan os protagonistas de terra, o certo é que a caza, dende tempos inmemoriais, tamén se ten apoiado nas aves rapaces, no seu intento por domealas. As exhibicións de cetrería (con sesións de demostración á mañá e á tarde), amenizarán a xornada. Falcóns peregrinos e águias de harris, da man de recoñecidos mestres da cetrería a nivel estatal, asombraránnos coas súas xestas aladas.

Como non podía ser doutra maneira, a feira está preparada para atender aos participantes durante todo o día. Un xantar popular, con carne ao caldeiro e pulpo á feira, fará as delicias gastronómicas de todo aquel que se acerque pola feira.

Esperámoste na I Feira do Can de Caza de Castrelo do Val!

E se non sabes cómo chegar, aquí tes unha referencia:
- Á entrada de Castrelo, á altura do cruce para o "Ecoagro", tomar a rúa oposta, á esquerda, e seguir todo recto durante un quilómetro.

 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.