| O Concello de Castrelo do Val pon en marcha un curso de “Atención sociosanitaria no domicilio”. |
|
|
|
| Xoves, 18 Xuño 2009 11:28 |
|
O curso, de 630 horas de duración, formará nos próximos meses a 15 persoas do Concello e comarca para poder ofrecer axuda no fogar.
O servizo de axuda no fogar é unha prestación básica dos Servizos Sociais dos Concellos, Diputacións ou outras institucións para atender a persoas que, debido á súa idade ou a unha incapacidade física ou mental, carecen da autonomía suficiente para facer fronte á súa vida diaria. Esta atención require da intervención de profesionais especializados. Esta acción formativa, promovida polo Concello a través de Academia Postal e financiada pola Consellería de Traballo, capacitará aos 15 alumnos para mellorar a calidade de vida (hixiene persoal, doméstica...) dos futuros usuarios, tentando acadar unhas condisións de benestar que no rural se antolla, ás veces, máis dificil de conseguir. O rexedor municipal, Vicente Gómez García, considera este tipo de formación fundamental para zonas rurais como Castrelo do Val, xa que a dispersión e o avellantamento poboacional fan que este tipo de servizos e empresas sexan cada vez máis necesarios. Á hora de apostar por esta formación, e non outra, valorouse positivamente esta opción polo grande grao de inserción laboral. Trátase dunha oportunidade de negocio moi importante, cunha crecente demanda e un forte interés polas administracións públicas, logo das aprobacións das leis (estatais e autonómicas) de dependencia e de axuda a domicilio. |







