| Axudas para obter un sintonizador TDT |
|
|
|
| Xoves, 09 Xullo 2009 12:01 |
|
O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ven de poñer en marcha unha iniciativa para diminuir o impacto do apagón analóxico; medida que afecta, sobre todo, aos colectivos con máis risco de exclusión.
Grazas a esta medida, os veciños que cumplan os requisitos (clica en +info) poderán obter de balde un sintonizador TDT Coñeces a alguén do Concello que cumpra os seguintes puntos? 1.- Residir no noso Concello (demostrable no Padrón Municipal) 2.- Cumplir, alomenos, un dos seguintes requisitos: Ter un grao de discapacidade visual ou auditiva do 33% ou máis Ter máis de 65 anos e nivel de dependencia II ou III Ter máis de 80 anos e vivir so ou na compaña doutra persoa de máis de 80 anos 3.- Non ser beneficiario de ningún Plan de Apoio 4.- Non dispoñer de sintonizador TDT no seu domicilio. Se é así, ponte en contacto co Concello, para tramitar a documentación necesaria e conseguir un sintonizador TDT de balde. |







