Arquitectura popular no noso Concello PDF Correo-e
Xoves, 16 Xullo 2009 08:57
Rachando cos preconceptos que se teñen da arquitectura no rural, temos de partir unha lanza a favor la arquitectura tradicional ou popular, quizabes a mostra representativa máis importante do noso concello. Este tipo de arquitectura está presente en todos os pobos do noso concello, lonxe ao tempo da arquitectura culta que poden representar as estruturas relixiosas (igrexas, capelas…) pero formando a esencia do noso substrato cultural.
Pedro Pablo Vidal, un veciño de Portocamba, confeccionou un vídeo (abaixo) centrándose na arquitectura popular de Portocamba.



(Preme en +info para ler o resto da nova e o artigo de opinión que nos manda Pedro Pablo Vidal)

Este mozo tamén nos envía un artigo no que ofrece, dende o seu punto de vista, unha visión desta arquitectura tan presente no noso concello:

“Os artesáns aprendían da arquitectura culta, novas técnicas e tendencias. Como exemplo, ollando as construccións dunha zona, pódese dicir que todas presentan o mesmo espesor nos muros de carga, sexa cal sexa a forma da construcción. Non existía unha preocupación por aproveita-la resistencia máxima dos materiais”

Para ler o artigo completo, clica no parágrafo anterior.
 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.