Programa de Actos do Xacobeo 2010 en Castrelo do Val PDF Imprimir Correo-e
Martes, 15 Xuño 2010 09:59
xacobeoA continuación informamos dos actos que terán lugar no Concello de Castrelo do Val a propósito do Ano Xacobeo 2010 e patrocinadas polo Xacobeo. As actividades realizaranse en diversos municipios de concello, dende a capitalidade municipal (Castrelo do Val) ata Campobecerros, e estenderanse no tempo dende o mes de xuño ata o mes de outubro (faga cliq en +info)
 
  • O 27 de xuño celebración dunha Feira de cans de caza en Castrelo do Val na que se incluirá por parte do Xacobeo unha demostración de cetrería pola maña e pola tarde, e unha actuación dun grupo tradicional pola tarde.
  • O 3 de xullo proxección dunha película, ao aire libre, sobre a Vía da Prata e os Carrilanos na Estación de Campobecerros.
  • O 17 de xullo actuación dun grupo tradicional en Castrelo do Val pola tarde.
  • O 21 de xullo actuación dun grupo de maxia ou títeres en Piornedo.
  • O 6 de agosto actuación de unha charanga en Nocedo do Val na honra as festas de San Salvador.
  • O 7 de agosto actuación dun grupo tradicional na área de O Terrón en Castrelo do Val a partir das 20:00 horas.
  • O 13 de agosto proxección dunha película no pavillón de Castrelo do Val.
  • O 3 de outubro actuación dun grupo tradicional en Campobecerros a partir das 16:00 horas.

Estas datas poden sufrir algunha modificación por cuestións externas ao Concello, polo que pregamos consulten periódicamente esta páxina web, onde poderán atopar información relacionada coas actividades dun xeito máis extenso a medida que se aproximen os eventos.
 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.