II Feira do Can de Caza PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Xuño 2010 09:06
Cartel de la Feria - haz clic para ampliarloTrala boa acollida o ano anterior, chega de novo a Feira de Cans de Caza a Castrelo do Val.

En colaboración co Xacobeo 2010 e o Concello de Castrelo do Val, as asociacións de cazadores do municipio organizan o 27 de xuño a segunda edición da Feira de Cans de Caza con máis novidades para este ano.
Ao igual que na edición anterior, haberá un concurso morfolóxico do can de caza (con entrega de premios ás 15:30h), unha comida popular co pulpo e a carne ao caldeiro como principais protagonistas e exhibicións de cetrería pola mañá e pola tarde.


Nesta segunda edición, teremos un Campionato Provincial de rastro de Xabaríns puntuable para a Copa Federación de Galicia (1ª manga ás 9:00h, segunda manga ás 12:30h.)


Ás 18:00h terá lugar unha degustación gratuíta de empanada de caza e de viño do Concello, así como unha actuación de gaiteiros.


Patrocinan
      
 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.