| -Bando- Punto Limpo en Pazos |
|
|
|
| Martes, 22 Xuño 2010 10:32 | |||||||||||||||||||||
|
Lembramos que está totalmente prohibido depositar nos contedores normais para o lixo residuos comúns tales como electrodomésticos, restos metálicos de fogares, enseres de plástico, embalaxes, madeira, roupa ,ect.. Para desfacerse de todos estes tipos de materiais hai na Mancomunidade un Punto Limpo, situado no Polígono de Pazos onde se poden levar gratuitamente. Premendo en +info poden ter acceso aos horarios e localización do Punto Limpo
Alén disto seguiranse recollendo nos pobos os aparellos chamando previamente ao Concello, informando sobre os datos dos enseres a recoller. Protexer o Medio Ambiente é tarefa de Todos, Colabora coa súa conservación empregando o Punto Limpo da Mancomunidade de Verin Adxuntamos un mapa da ubicación de dito Punto Limpo: Visualizar o mapa ampliado |







