| Curso de Relaxación |
|
|
|
| Martes, 03 Agosto 2010 14:31 |
|
A partires do 4 de agosto levarase a cabo un curso de relaxación destinado a aliviar as situacións de ansiedade, estrés ou situacións adversas da nosa vida diaria a través de técnicas de relaxación.
O curso está promovido pola iniciativa particular de Carmen Sánchez, auxiliar de clínica no Hospital de Verín, quen detecta unha carencia formativa en técnicas de relaxación nos pacientes e familiares do seu día a día na súa actividade laboral - sobre todo a relacionada coa oncoloxía. O Concello de Castrelo do Val, sensibilizado coa causa, aporta as infraestruturas necesarias para o correcto desenvolvemento do curso, xa que, en palabras do propio alcalde "este curso é algo necesario e, ademais, pioneiro na comarca". Destaca a iniciativa privada dunha persoa que pretende dinamizar o seu entorno nas materias onde cre é preciso mellorar. O Curso
O obxectivo, como sinala o título do curso, é eliminar na medida do posible a ansiedade dos participantes. En pacientes de oncoloxía que están con tratamento, búscase a tranquilidade, xa que esta facilita a osixenación do corpo e, en definitia, unha mellor asimilación do tratamento por parte do paciente. Así mesmo, tamén se intentará que os pacientes compartan as súas experiencias, medos e curiosidades para fomentar a súa confianza. En definitiva, o que se trata cos pacientes de oncoloxía é, en última instancia, que se enfronten á enfermidade con contra perspectiva, dándolles pautas para que sexa máis levadeiro o tratamento. Aínda que o curso está dirixido en primeira instancia a pacientes de oncoloxía, non é excluínte: se tes síntomas de ansiedade, estrés, excesivo nerviosismo... por qué non te animas? |







