| Castrelo en Festas |
|
|
|
| Venres, 06 Agosto 2010 12:52 |
|
Como en calquera outra parte de Galicia e de España, o concello de Castrelo do Val está cheo de festas e festexos patronais este verán. Hoxe venres, en Nocedo do Val, comezan os festexos na honra de San Salvador, patrón do pobo, para o que contarán durante a tarde - noite cunha charanga enmarcada dentro do programa de festas do Xacobeo. O sábado 7 de agosto celébrase en Castrelo do Val a festa do forno, reunión anual dos veciños na que fan pan e cociñan no tracidional forno de leña como se facía en tempos. |







