Romaría dos Danzantes de Santa Marta en Fontefría PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Agosto 2010 17:37
Este sábado 28 de agosto celébrase en Fontefría a Romaría dos Danzantes de Santa Marta, unha das tradicionais danzas máis antigas da comarca onde os danzantes, ao saír de misa, van bailando até chegar á praza, onde dan unha volta arredor do cruceiro e fan o trenzado das cintas nun mástil chamado "mapola".


Tradicionalmente os danzantes foron seis - e sempre - homes, vestidos cunha casaca branca e longa, a xeito de chaquetón, un pantalón da mesma cor, unha banda azul cruzada no peito e un ou dous panos para secar a suor.
Na testa levan un gorro cónico, branco, con cintas da mesma cor que que despois teñen que trenzar na "mapola", ou sexa, branca, verde, dourada, azul, bermella e negra. Os danzantes van marcando o ritmo con castañolas adornadas con cintas da mesma cor que as que levan no gorro.

Despois duns anos nos que non se celebrou, a danza de Fontefría - encadrada dentro do circuito de danzas brancas ourensáns - volve a levarse a cabo no pobo de Fontefría.

Este ano, ademais, realizarase un vídeo conmemorativo coa actuación dos danzantes subvencionado pola Ilma. Deputación de Ourense, a quen lle agradecemos o interese por recuperar e promocionar o noso patrimonio cultural.
 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.