Remate das obras en Castrelo e Nocedo do Val PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 25 Setembro 2011 13:37

As novas estradas de Nocedo do Val e Castrelo do Val que estiveron en obras xa están abertas ao tráfico.

Así mesmo, o novo alumeado de Nocedo do Val xa está en marcha para aforrar custes coas novas luminarias e o equipo de conexión remoto.

Esta é a imaxe da estrada de Castrelo do Val xa aberta ao público. Se facedes clic en +info poderedes ver o anterior estado da calzada.

 

obra_castrelo

 

 

 

A obra conta cun presuposto de 40000 e corre a cargo da Deputación de Ourense, que contratou á empresa Dengon Construcciones y Servicios para a súa execución.

 

A obra contempla o entubado de 351 metros de cunetas con tubería para pluviais e o rego asfáltico de 2500m2 de superficie total.

obra_castrelo

 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.