| Castrelo do Val xa forma parte da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia |
|
|
|
| Luns, 02 Febreiro 2009 11:45 | ||
|
O pasado 30 de xaneiro, 18 concellos galegos, entre os que figura Castrelo do Val, asinaron un convenio para a súa incorporación efectiva á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia co gallo de velar pola utilización racional do solo.
Con este acto formal, o Concello de Castrelo do Val delega de forma voluntaria na Axencia as súas competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística respecto das obras e usos do solo que se realicen en solo rústico, en solo urbanizable mentres non sexa aprobado o correspondente plan parcial ou de sectorización, así como no ámbito dos núcleos rurais delimitados. Entre os concellos asinantes figuras outros dous da nosa zona: Vilardevós e Verín. |








