Solicitude de cédula de rehabilitación de calidade de vivendas rurais PDF Imprimir Correo-e
Martes, 03 Febreiro 2009 12:02
¿Queres solicitar unha subvención para a reforma dalgunha parte da túa vivenda? Continúa a ler o resto deste artigo, por favor.
A cédula de rehabilitación de calidade é un documento que acredita que a vivenda rehabilitada une os últimos avances da habitabilidade en materia de illamento, funcionalidade, seguranza, eficiencia enerxética ou domótica co seu carácter patrimonial, co cal se melloran as súas condicións de habitabilidade residencial.
Acadar a cédula é o requisito indispensable para que as vivendas poidan ser beneficiarias das subvencións, premios e beneficios fiscais que as distintas administracións competentes publiquen.

Os requisitos (básicos) para a solicitude da cédula son sinxelos:
    · Residir nunha vivenda con máis de 15 anos de antigüidade
    · Que esa vivenda sexa residencia habitual ou, de non ser o caso, sexa unha residencia vacacional (é dicir, cunha residencia mínima de un mes ao ano)
    · Os ingresos económicos non deben superar 3'5 veces o IPREM

Se se cumpren os requisitos, o solicitante ha de entregar a seguinte documentación:
- DNI do solicitante
- Último recibo da contribución da casa rehabilitada
- Presuposto desglosado (con IVE) da obra realizada
- Fotografía das 4 fachadas exteriores da casa (no caso de que sexan todas visibles)
- Fotografías concretas da parte rehabilitada.

Unha vez que a cédula se teña conseguido, o destinatario pode acceder a calquera tipo de subvención que os organismos competentes (como a Consellaría de Vivenda) publiquen.

En todo caso, lembre que para calquer tipo de dúbida pode falar coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, que o/a asesorará para a solicitude desta obra.


Ligazóns de interese:
A cédula de rehabilitación de calidade
IPREM
Consellaría de Vivenda e Solo 
 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.