Exposición "fotografía + lectura" PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Febreiro 2009 13:02
O Concello de Castrelo do Val organiza unha exposición que combina a fotografía e a lectura na mesma actuación cultural.
Algúns dos asistentes no momento da inauguración, onde compartirona s súas experiencias cos fotógrafos, os protagonistas do evento

 

A exposición fotográfica, composta polas 13 fotografías dos alumnos dos cursos de pintura organizados polo Concello, pretende reflictir dalgunha maneira os coñecementos e as técnicas adquiridas durante os cursos que se celebraron no Concello en outubro e novembro do ano pasado, ao mesmo tempo que se apreciarán, nalgunhas das fotografías, singulares trazos da vida no rural.

Os visitantes da exposición poderán levar un libro en galego completamente de balde, co que se trata, ao mesmo tempo, non so de dinamizar a actividade cultural do Concello, senon de animar de forma activa a lectura nos nosos pobos.

A aula multimedia do Centro de interpretación do Patrimonio estará aberta ao público até o día 27 deste mesmo mes, en horario matutino, podendo pedir a chave para a apertura do Centro na Casa do Concello (situada a 100 metros).
 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.