| Punto de Recollida de aceites domésticos en Castrelo do Val. |
|
|
|
| Venres, 17 Abril 2009 09:52 |
|
Castrelo do Val, un pouco máis verde. O Concello de Castrelo do Val solicitou á Deputación de Ourense a adhesión ao convenio que este organismo asinou con Urbaser para a recollida e tratamento de aceites domésticos. A recollida selectiva destes aceites domésticos permitiría a súa transformación en combustible de automoción mediante un proceso químico sinxelo e non contaminante, isto é, transformalo nun futuro biodiesel. En virtude dese convenio, o Concello disporá dun contedor de recollida específica de acerites domésticos na localidade de Castrelo do Val (por ser a capitalidade do Concello). Tamén se inclúe no convenio o baleirado periódico por parte da empresa Urbaser, así como a súa limpeza e correcto mantemento do contedor, filtros e contorno deste. No fondo de todo o asunto, o Protocolo de Kioto. Con esta medida, os concellos que se adhiran ao convenio poderán dar un pasiño máis para cumprir o 10% de biocombustibles que se pide en termos globais. O concello preocúpase polo Medio Ambiente O concello de Castrelo do Val xa dispón dun punto de recollida de aceites industriais, orientado principalmente, polas condicións socioeconómicas da zona, aos tractores e vehículos que así desexen darlle un uso útil e non contaminante aos seus aceites. |







