Exposición "I Live 'n Photo" PDF Imprimir Correo-e
Luns, 27 Abril 2009 09:58

O vindeiro 1 de maio, á medianoite, inaugúrase a exposición de fotografía "I live 'n photo", do aritsta Juan Pérez-Fajardo, no Centro de Interpretación do Patrimonio do Concello de Castrelo do Val.


A exposición reúne as mellores fotografías de concertos de Rock que o artista ten exposta no Hard Rock Cafe de Madrid, onde é fotógrafo oficial.


Juan Pérez-Fajardo (Madrid, 1969) é un artista polifacético que desenvolve a súa actividade profesional nos ámbitos da fotografía e do modelado e a animación 3D. Comezou a traballar para Disney Buena Bista e REM Infográfica, pero as súas ansias de liberdade creativa levárono a vivir a súa propia aventura coa compañía THE FLY FACTORY.

Algúns dos seus éxitos son os seguintes...

⚉ Gañador dun Sol de ouro no Festival de Publicidade de San Sebastián

⚉ Director de “El ataque de los muestros adolescentes” (2001), “Terminal” (2003) e “Hasta la muerte” (2005).

⚉ Colaborador en diferentes medios como El País, El Mundo, Ruta 66, Guitarrista...

⚉ Fotógrafo oficial do HARD ROCK CAFÉ de Madrid, onde se poden ver os seus traballos

⚉ Premiado por la revista NATIONAL GEOGRAPHIC ESPAÑA

 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.