Primeiro Parque Biosaudable en Castrelo do Val PDF Imprimir Correo-e
Martes, 28 Abril 2009 09:46
O Concello de Castrelo do Val ven de construír un parque biosaudable na zona do Terrón, en Castrelo do Val, destinado ás persoas maiores. Podes ver unha foto do mesmo e máis información sobre o tema clicando en "+info" ou no título da nova.
 
Na nosa sociedade medra cada día unha maior conciencia da importancia que ten a práctica regular de actividade física no intento por levar un estilo de vida saudable, para mellorar a calidade de vida e para dar vida aos anos vividos.

Neste senso, os estudos levados a cabo revelan que o exercicio moderado mellora sensiblemente o noso corpo e, polo tanto, a nosa saúde.
Por todo isto, e tendo en conta as nosa realidade social seguindo criterios de avellentamento poboacional, o Concello entendeu que era o momento de atender a esas necesidades de vida sá. Así, ofréceselles a todas as persoas maiores unha alternativa para a práctica de actividade física colocando maquinarias axeitadas para a libre utilización e para combater o sedentarismo.

O parque está dotado de catro máquinas, dúas para exercitar distintas partes das extremidades inferiores e outras dúas para o exercicio das extremidades superiores.

Estes parques biosaudables para persoas maiores están pensados para o desenvolvemento de actividades de mantemento e mellora da aptitude física mediante exercicios sinxelos. Para que a actividade física realizada nestes aparellos non sexa contraproducente debemos respectar tanto o nivel de entrenamento de cada persoa como a forma correcta de utilización.

Ademáis do parque, tamén se fixo unha pavimentación en cemento pulido dun espazo de 650m, habilitando unha zona duns 50m2 como pista de baile, demanda existente dos veciños do pobo para un uso lúdico e de recreo como é o baile.

Esta nova pavimentación ten en conta o espazo natural - parque - no que se levou a cabo, polo que foi tratada e pigmentada cun tono arxiloso  (pódese aprezar na imaxe) para producir o mínimo impacto ambiental.
 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.