Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Maio 2009 08:43
O Concello de Castrelo do Val asina un convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural para a redacción do plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais.

 

De acordo coa lei 3/2007, os concellos están obrigados a ter un plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais para así integralos aos plans de emerxencia municipais. Desta maneira, a Administración Autonómica presta a súa colaboración ás entidades locais, mentres que as entidades locais, como Castrelo do Val, colaborarán na vixilancia, prevención e defensa contra os incendios forestais, máxime en Zona de Alto Risco (ZAR) como é delimitado o noso Concello.

En virtude deste convenio, o Concello ha de:
· Realizar todas as tarefas para a redacción do plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestas.
· Informar das actuacións prioritarias en materia de incendios forestais, coordinadas co noso distrito forestal.
Pola súa banda, Medio Rural:
· Executará os traballos viables segundo o distrito forestal XIV (Verín - Viana).
· Asesorará ao concello na redacción do plan.
· Aportará o 50% dos custes de actuación, cun máximo de 5000€.
O concello ten intención de levar a cabo as accións necesarias canto antes e ter aprobado o plan antes do 15 de novembro, data límite establecida pola Administración Autonómica.
 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.