XV Rallie de Ourense de Clásicos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Maio 2009 10:24
O próximo día 6 de xuño circularán polas estradas do noso Concello os participantes da XV edición do "Rallie de Ourense de Clásicos", que recorrerá, na súa primeira etapa, unha tramo entre Pereiro de Aguiar e Xunqueira de Ambía.

Esa etapa cruza o noso Concello - arredor das 13:00h -  dende Portacamba, Campobecerros baixando por Piornedo, Monteveloso, Servoi, Gondulfes, Castrelo do Val e Nocedo do Val.

Estas probas son unha boa oportunidade para os amantes dos coches clásicos, que poderán ver os vehículos dos participantes, algunhas “xoias” incluso dos anos ’50.

Máis info na páxina www.clasicosourense.com
 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.