| Oferta Turística |
|
|
|
|
O concello ofrece numerosos atractivos ao visitante, que pode compartir a vida típica do interior de Galicia, aloxándose en establecementos de turismo rural, inmersos na tranquilidade e espléndidas paisaxes. No núcleo principal, Castrelo, unha casa foi restauradas, mantendo a tipoloxía tradicional de pobos de montaña, para destinala a aloxamento de turismo rural: Casa Rural "Casa do Americano" Rúa O Fúlix - Castrelo do Val Telf: 988 419 070 / 676 461 752 Servicio de Aloxamento
Casa Rural "A Cortiña"
A oferta de aloxamentos complétase cunha pensión que se sitúa na aldea de montaña de Campobecerros. Pensión Núñez: "O merendeiro"
Mesón "A Charrela"
Para facer un alto no camiño, unha opción interesante é algún dos bares / tabernas tradicionais: Lito's ultramarinos: no centro de Castrelo, un bar onde poderás atopar de todo
Taberna Benigno: ubicada en Nocedo, ofrece un bo descanso
Taberna de Servoi: enmarcada no centro do pobo de Servoi, convértese nunha taberna de obrigada visita para todos aqueles que se achegan aos pobos máis altos do Concello
Local Social de Pepín: aberta ao público como un local de reunión ondo poderían socializar os veciños do pobo, fai esa función para con todos os veciños, e non veciños, que se acerquen ata o pobo. Un bo lugar no que deterne por un rato antes de continuar a ruta polo noso concello.
Bar do Lucho: en Gondulfes, un bar onde parar a tomar algo. |







