Patrimonio Cultural PDF Imprimir Correo-e

 

Cada unha das localidades do Concello de Castrelo do Val posúe a/as súa/s festa/s popular/es na honra do seu patrón. Adoitan caracterizarse, coma na meirande parte dos pobos galegos, por ser unha celebración con marcado carácter relixioso no que o acto litúrxico celebrado na honra do patrón ocupa os momentos máis importante da mañá. Tamén soen amenizar o día da festa unha charanga pola mañá e unha orquestra e/ou xogos populares pola tarde noite.

 

Velaiquí presentamos unha relación dos pobos do concello coa festividade que se celebra así como o propio día de celebración*


Campobecerros Nosa Señora do Rosario 1º domingo de outubro
Castrelo do Val O Carme / Santa María 16 xullo / 15 agosto
Fontefría Santa Marta Último sábado de agosto
Gondulfes Santa Cruz 14 setembro
Marbán Santa Cruz 14 setembro
Monteveloso San Antón 17 xaneiro
Nocedo do Val San Brais / San Salvador 3 febreiro / 6 agosto
Pepín San Vicente 22 xaneiro
Piornedo San Brais 3 febreiro
Portocamba San Miguel 8 maio
Rivas San Vicente 22 xaneiro
Sanguñedo San Ciriós 8 agosto
San Paio San Paio 26 xuño
Servoi San Xoán 24 xuño
Veiga de Nostre Santa María 15 agosto
Vilar San Sebastián 20 xaneiro

*Nótese que o día do patrón non adoita ser un día festivo, polo que, nalgúns casos, a celebración das festas patronais pode variar uns días para coincidir en fin de semana.

 


Alén das festas patronais, existen outras celebracións que ocupan un lugar importante na vida cultural dos nosos habitantes:

 

- Romaría dos Danzantes de Santa Marta en Fontefría (último domingo de agosto):

 

Este singularísimo e ancestral baile dos danzantes coincide coa romaría de Santa Marta. O baile foi suspendido por presións do obispado ourensán nos anos sesenta e recuperouse de novo en 1984, aínda que sufriu de novo varias interrupcións. A orixe deste baile é incerta, se ben se relaciona con ritos agrarios pagáns. O que é certo é que o dos danzantes de Fontefría é un espectáculo obrigado dentro do circuito de danzas brancas ourensáns.

 

Os danzantes son seis homes vestidos cun chaquetón branco, fino e longo, un pantalón da mesma cor e unha banda cruzada. A casaca amárrase cun cinto no que se coloca un pano branco. Na cabeza levan un gorro cónico dus 15/20cm. de alto, tamén branco, adornado con cintas de distinta cor para cada un, e nas mans, castañolas engalanadas.

 

A actuación comeza tras a misa solemne, acompañando a procesión cos seus bailes e loas á Virxe. A o chegar á praza do pobo xiran arredor do seu cruceiro e de seguido realizan o trenzado das cintas respectivas nun mastro coñcido como "a mapola". As cintas son de cor branco, verde, dourado, azul, vermella e negra, e o baile sempre é acompañado por música.

A festa dos Danzantes de Fontefría 2011" foi subvencionada pola Excma. Deputación Provincial de Ourense a través das subvencións convocadas para concellos para organización de actividades culturais e recreativas 2011 (fotos a continuación)

danzantes_1

 

danzantes_1

danzantes_1

danzantes_1

 

 


- Noite do Lume Novo en Servoi que se realiza polo San Xoán (24 de xuño): de raíz pagana, a noite do Lume Novo conmemórase cunha fogata e unha tradicional sardiñada entre os veciños, para acabar saltando a cacharela nun ritual que pretendía, nos seus inicios, purificar a alma co lume vivo da noite máis curta do ano, no equinoccio de verán.

- A Virxe do Carme (16 de xullo) en Castrelo do Val. Unha das festas relixiosas máis importantes da comarca paralizaba en tempos a época da seitura. Hoxe conserva unha tradicional novena á que acuden centos de crentes todos os anos.

- Magosto en Campobecerros: coincidindo, paradóxicamente, co San Martiño, é (xunto ao Entroido) unha das poucas festas de orixa pagano que quedaron sen cristianizar. A festa, na honra dun dos produtos típicos (a castaña) permite gozar dos bullós (castañas asadas) e o viño novo, da última colleita.

 

Ademáis, nalgúns dos pobos de Concello celébranse outras festas gastronómicas relacionadas coa utilización artesanal dos antigos fornos de cada pobo, que se restauraron para beneficio dos propios veciños. Soen ser celebracións que ensalzan as propiedasdes culinarias deses fornos, e que se poden comprobar na cocción de productos artesáns coma o pan, as empadas ou as carnes da terra coma o cabrito ou o cordeiro. Destacan a Festa do Forno de Pepín, celebrada o sábado de Semana Santa e a Festa do forno de Castrelo do Val que se celebra en época estival.

 

 

 

O Concello de Castrelo do Val conta tamén cun Centro de Interpretación do Patrimonio ubicado no núcleo central do concello (Castrelo do Val - rúa do Toural) no que se poden admirar os útiles de traballo do campo que se utilizaron en tempos, así coma traballos propios do campo como a malla ou a sega que, co paso do tempo, a despoboación do rural e a mecanización, se foron perdendo.

 

O Centro de Interpretación do Patrimonio tamén se usa como un lugar onde se celebran actividades lúdico-culturais do Concello.

Centro de Interpretación do Patrimonio situado no núcleo urbano de Castrelo do Val

 

 

 

danzantes_1

danzantes_1

 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.