Sendeirismo PDF Imprimir Correo-e


Destacan no noso concello as rutas de sendeirismo nas que o camiñante poderá admirar a beleza dos paisaxes e gozará dun entorno moi pouco afectado pola actividade humana. Dentro das rutas máis destacadas sinalamos:

_A RUTA DOS CARBOEIROS
Esta ruta nace en conmemoración dunha actividade que complemento a economía familiar de moitas familias das zonas máis montañosas do noso concello (Portocamba, Campobecerros, Sanguñedo, Veiga de Nostre, Fontefría e, en menor medida, Piornedo e Servoi).
O carbón elaborábase con raíces de torgo, un arbusto de alta montaña; cortábaselle a parte aérea da planta e despois arrincábase a parte soterrada (raíces) co aixadóns e apiábanse nunha morea. Doutro lado, preparábase o braseiro, un burato máis ou menos grande feito na terra, onde se botaban as raíces e se lle prendía lume para que se queimasen as brasas e se fixese o carbón. Cando acababa de arder, tapábase con terra para que se fixese o carbón. Unha vez feito, gardábase en sacos e baixábase en burros ou machos en dirección aos pobos do val e ás vilas. Os clientes máis habituais eran os ferreiros das aldeas e a xente das vilas.
A ruta componse dunha vértebra central de 17km. paralela á estrada comarcal OU114 que une Vilamaior con Campobecerros. Esa ruta sae de Campobecerros e atravesa o Candal, Penanofre, montes de Servoi e Alto dos Friles ata chegar a Castrelo do Val. Desa ruta central parten derivacións cara os pobos de Fontefría, Vilar, Servoi, Ribas, Pepín e Castrelo do Val.

_RUTA DO CIRCUITO GALAICO-LUSO
A Camiñata de Montaña de Castrelo do Val consta de 50km. Dividida en tres etapas de dificultade baixa, media e alta, transcorre na súa maior parte pola Ruta dos Carboeiros e chega a ta os límites do Parque Natural de Invernadeiro. Esta camiñata puntúa para o Campionato Galego de Seneirismo e está organizada polo Concello de Castrelo do Val e polo Circuito Galaico-Luso.
Recorrido: 50km.
Difucultade: baixa-media-alta

_RUTA DO PORTOZÓN
A “Ruta do Portozón” parte da zona denominada “O Terrón” en Castrelo do Val, sube cara o pobo de Pepín, cruzándoo e encamiñándose cara o pobo de Ribas, dende onde se bordea o río para unirse á Ruta dos Carboeiros. Seguindo ese camiño, chega ata os Friles e sobe ata o pobo de San Paio. Dende alí encamíñase ao mirador de Portozón, onde se pode ver unha perfecta vista panorámica do Val de Monterrei e volta pola canle de regadío que, en tempos, abasteceu ao pobo de Gondulfes, para voltar ata o punto de partida. A ruta pódese facer tanto a pé coma en bicicleta.
Recorrido: 18km.
Dificultade: Media

_RUTA DO CASTELIÑO
A “Ruta do Casteliño” ten o seu punto de partida na zona denominada “O Terrón”, en Castrelo do Val, e inicia a súa andaina cara a Ribas. Despois vai ao pobo de Pepín, cruzándoo e saíndo no “Alto de Vales” en dirección a Nocedo do Val, cruza o pobo e volta pola “Tapada”, “Casteliño”, “Salgada”, “Trascarreira” e remata novamente na zona de “O Terrón”. Ten un percorrido duns 8 quilómetros, a realizar a pé ou en bicicleta.
Recorrido: 8km.
Dificultade: Baixa


preme aquí para ver o gráfico con maior resulución


Se queres ver as fotografías da camiñada do 16 de marzo de 2008, preme aquí (levarate a unha conta de flickr)

 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.