| O verán non detén a actividade política no Concello |
|
|
|
| Sábado, 31 Julho 2010 11:21 |
|
There are no translations available. O xoves 29 de xullo tivo lugar o IV Pleno Ordinario deste ano 2010. De entre os puntos do día tratados, destacan as tres mocións presentadas polo concellal do BNG D. Xosé Barxa Branco, as modificacións de créditos e a modificación da ordenanza de axuda no fogar. O outro punto importante do día deu conta e ratificou -con oito votos a favor e un en contra - o acordo da Xunta de Goberno local sobre a adhesión á Asociación de Municipios Portas de Galicia. Na Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 16 de xullo acordouse incorporar ao Concello de Castrelo do Val nunha asociación para o desenvolvemento da actividade turística no conxunto do seu territorio intergrado polos concellos de Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza A Mezquita, Monterrei, Oimbra, Riós, Verín, Viana do Bolo, Vilardevós e Vilariño de Conso. Esa Asociación de Municipios, chamada Portas de Galicia, nace cunha vocación turística inequívoca e, xunto coa aprobación dos seus estatutos e a designación do alcalde, D. Vicente Gómez García, como representante do Concello ante dita Asociación, o Concello de Castrelo do Val amosou a súa firme disposición de apoiar as iniciativas en materia de turismo local. Con esta sesión plenaria culmina o proceso legal para a adhesión á Asociación Portas de Galicia, con máis dun mes de antelación á data tope para a súa adhesión, fixada no mes de setembro de 2010 Esta sesión plenaria demostra a falsedade das acusacións vertidas a finais de mes polo xornal La Voz de Galicia, quen acusou - poñendo en boca da Secretaria Xeral para o Turismo, Dna. Mª Carmen Pardo - aos Concellos de Castrelo do Val, Vilardevós e A Mezquita de boicotear a asociación e a posible perda de máis de 3 millóns de euros. |







