Os nenos do colexio de Castrelo do Val visitan o parque Natural do Invernadeiro PDF Versão para impressão Enviar por E-mail
Terça, 25 Novembro 2008 10:36
There are no translations available.

Enmarcado dentro das actividades desenvoltas dentro do programa de apertura de centros educativos fóra do horario lectivo, os alumnos do CEIP Castrelo do Val visitaron o parque natural do Invernadoiro, facendo unha parada na Aula da natureza e realizando diversas actividades programadas por un biólogo do Servizo de Conservación da Natureza.


Ademais desta actividade, que se encadrou dentro das actividades escolares, os nenos teñen oportunidade de recibiren clases de reforzo, completamente gratuítas e subvencionadas integramente pola Consellería de Educación e polo Concello, e realizan actividades saudables e de habilidades persoais, como clases de baile tradicional e incluso gaita.

Outra das modalidades de actuación destas actividades extraescolares está relacionada co fomento do éxito escolar, onde os alumnos aprenden a utilizar os recursos da Internet para complementar os seus estudos, aprenden a usar a biblioteca e trata de acostumalos ao seu uso e mesmo reciben tamén clases de pintura.

os nenos durante un dos paseos que deron no Parque Natural do Invernadeiro

 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.