| Os días 16 e 18 de xaneiro, carreira de vehículos históricos |
|
|
|
| Quarta, 31 Dezembro 2008 11:20 |
|
There are no translations available. Estas probas son unha boa oportunidade para os amantes dos coches clásicos, que poderán ver os vehículos dos participantes , algunhas “xoias” incluso dos anos ’50.
A saída está prevista para as 16:00h, polo que poucos minutos despois recorrerán as estradas de Castrelo do Val e Nocedo do Val en dirección a Laza.
Por outra banda, a Escudería de Automóbiles Clásicos de Ourense celebrará o día 18 de xaneiro o "Rallie de Reis 2009", nunha proba que terá saída ás 10:30h en Pereiro de Aguiar e finalizará en Campobecerros.
Está previsto que os vehículos circulen polas estradas do noso concello entre as 13:30 e as 14:15, hora de finalización prevista. Esta proba cruzará transversalmente o noso Concello, xa que os coches virán por Nocedo do Val ata Castrelo do Val pola estrada OU-113, dende onde se dirixirán a Gondulfes pola estrada OU-1001. En Gondulfes seguirán pola OU-114 e pasarán por Servoi, Vilar e Fontefría ata chegar a Campobecerros. |








O próximo día 16 de xaneiro circularán polas estradas da nosa localidade os participantes do Rallie de Regularidade para vehículos históricos “X Rallie de Inverno” (evento non deportivo), que recorrerá unha etapa entre Verín e Laza pola estrada OU-113.