Tes idea de montar o teu negocio en Castrelo do Val? PDF Versão para impressão Enviar por E-mail
Terça, 13 Janeiro 2009 09:44
There are no translations available.

Podes pasarte polo Concello de Castrelo do Val e botarlle unha ollada ás guías de actividades empresariais.

Estas guías son ferramentas analíticas que teñen como fin facilitar información ao emprendedor sobre un sector ou actividade concreta. O principal problema que atopan os emprendedores ao inicio do seu proxecto, e a falta de información para a posta en marcha da idea de negocio. Esta carencia é un dos principais motivos de fracaso das novas empresas) que elabora o Centro Europeo de empresas e innovación de Galicia para asesorarte das mellores opcións dentro na nosa situación socioeconómica.


Tamén podes dirixir as túas inquedanzas á nosa técnico de emprego local, que tentará respostar ás túas dúbidas máis comúns sobre todo no que se refire a "papeleo administrativo", é dicir, as tramitacións necesarias.

Aquí quedan unhas ligazóns de interese, por se estás pensando en montar o teu negocio e ser o teu propio xefe:

· Web de oportunidades de negocio de Galicia

· Ademais, existen unhas guías adaptadas á comarca de Verín

 

Aproveitamos a ocasión para lembarche que La Caixa, en virtude dun convenio que ten co concello de Castrelo do Val, ofrece microcréditos de até 15.000€ sen avais.

Pasa pola casa do concello e infórmate!

 

----- Concello de Castrelo do Val - Rúa do Toural, 15 - 32625 - Ourense. Teléfono 988 419 002 ----- Validado XHTML e CSS.